O Acondicionamento da Ponte do Burgo, cun custe de 2.057.817 euros, foi desenvolto dentro da Estratexia DUSI “Máis Modelo Pontevedra” e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O Acondicionamento da Ponte do Burgo, cun custe de 2.057.817 euros, foi desenvolto dentro da Estratexia DUSI “Máis Modelo Pontevedra” e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Este proxecto completa ás actuacións de mellora e acondicionamento do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo urbano de Pontevedra.
A luz é grande protagonista desta reforma da ponte, que integra un novo alumeado monumental para realzar este ben patrimonial.
O proxecto desenvolve o obxectivo de contribuír á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural, e alíñase dentro dos obxectivos dos Fondos Estructuráis Europeos e da Estratexia Europa 2020.
Recupérase para o desfrute da cidadanía o principal símbolo de identidade da cidade, a Ponte do Burgo. Con esta actuación esténdese o modelo de cidade, revitalizando e valorizando un espazo público e peonil de máis de seis mil setecentos metros cadrados.
Renóvase a imaxe da Ponte do Burgo cunha nova varanda que integra parte do alumeado manumental, e que se completa co alumeado exterior de piares, tallamares e arcos.
Na ponte do Burgo a principal protagonista é a luz. A luz que ensalza a súa beleza e nos guía no camiño.
Esta renovada ponte invita a camiñar entre os puntos de luz que xorden do chan e que se mesturan co resto das cores que enchen de vida a infraestructura. O seu sistema lumínico permite o uso de diversas combinacións cromáticas, tonalidades e intensidades para distintos momentos do ano.
Retíranse os vehículos e no seu lugar aparece unha nova praza cun espazo arborado.
A ponte do Burgo adáptase ao concepto de Smart-city Pontevedra.
+ Modelo Urbano Pontevedra é a aposta estratéxica de cidade que promove o Concello de Pontevedra para favorecer un desenvolvemento urbano sustentable e integrado para o período 2014 – 2020, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, medioambiental, cultural, social e de modelo goberno da cidade.