Cómo é?
15362
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-15362,bridge-core-2.4,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-22.5,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.2.0,vc_responsive
 

Cómo é?

O máis chamativo da ponte é o  alumado, que percibimos tanto camiñando como bordeando o río, desde a ponte de Compostela ou desde As Correntes.
É un pracer percibir a ponte de noite ou no solpor. Sobre ela podemos expresar sentimentos ou emocións colectivas, xa que o sistema de luces ten unha gran versatilidade para alumear o monumento e crear momentos especiais.

O Novo Deseño

O proxecto pretende a peonalización da Ponte do Burgo e o tratamento dos espazos de acceso situados en ambos os extremos desta para mellorar o contorno urbano, revitalizando a cidade, á vez que se pon en valor esta ponte como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra.

Desta forma acondiciónase un novo espazo público de referencia na cidade ademais de tratar a devandita ponte como o que é: un monumento central da historia de Pontevedra.

Esta transformación busca incrementar o valor da ponte do Burgo como elemento urbanístico relevancia na cidade.

A recuperación non só serve para reforzar o lugar no que os peregrinos abandonan a cidade de camiño a Santiago, senón para crear un novo espazo lineal que funciona coas múltiples actividades que a veciñanza realiza ao marxe da circulación de automóbiles a motor (paseo, miradoiro sobre o río, actividades depostivas, eventos culturais, concertos, etc).

A Luz

O sistema lumínico ofrece grandes posibilidades de iluminación, combinacións cromáticas e de intensidade, de tal xeito que poden programarse en función do día, a estación do ano, ou calquera outro motivo.

Os símbolos xacobeos teñen tamén de noite un gran protagonismo, xa que se reforzan cunha luz branca que destaca sobre o resto da iluminación nas duas caras do monumento. Así, as augas do Lérez tamén reflicten ese conxunto de arcos, sobrearcos, tallamares, varanda e as cunchas de pedra engadidas coma medallóns nos anos 50 do pasado século.

A ponte é en realidade unha gran praza lonxitudinal disposta para a vida urbana, ademáis de despedir ás persoas que camiñan cara a Compostela.

Todas e todos camiñaremos seguros, coa iluminación axeitada, pero tamén coa beleza dos pequenos puntos de luz que xorden do chan para adornar o noso camiño espiritual e aventureiro.