Houbo unha ponte romana? Os historiadores concordan en que si. O feito de que fose un punto de paso da vía romana XIX e da existencia do poboamento de Turoqua, fai crer inevitable a existencia dunha ponte que atravesase o Lérez.
Os expertos cren que baixo o leito do río, aínda que non se afirma que estea exactamente no mesmo lugar ca o presente. A aparición dun miliario nas escavacións de 1988 permitíu aproximar o nivel do pavimento da época romana, máis baixo ca o actual, ao que estaría a ponte na súa orixe.
Crése que a actual ponte non é unha evolución senón unha distinsta daquela, que desapareceu, ao igual que a cidade, de rexistros documentais ata o século XII.
A antiga ponte romana erguíase a un nivel estratigráfico máis baixo (o miliario de Hadriano atopouse 3,5 m máis abaixo). Parece que sería máis curta que a nova, construída no século XII.
A historiografía fala dunha vella ponte que nos deixou como herdanza un nome milenario, con alicerces que agocha o leito lamacento do Lérez.
Pouco ou nada se coñece sobre a antiga ponte romana. Ninguén puido establecer con exactitude a súa ubicación, dimensión e configuración.
O achado do miliario e o camiño medieval da Santiña indican que podería estar augas abaixo do actual.
Mais a lóxica apunta na outra dirección: os restos da vetula ponte dificultarían a operatividade do peirao anexo, e a actual praza de García de la Riega semella unha entrada á cidade.