As escavacións do lado sur da ponte do Burgo foron unha espléndida fonte de información sobre a ponte, a cidade e o camiño. A historia de Pontevedra débelle moito a este lugar.
Na primeira escavación (1988) apareceu sobre todo o famoso Miliario de Hadriano, datado no ano 134 da nosa era.
Existe unha réplica deste monumento na praza de Valentín García Escudero, e o orixinal está depositado neste Museo de Pontevedra.
Esta escavación, que foi suspendida precipitadamente polas autoridades da época, deu porén moitos datos aos estudosos do noso pasado.
Restos de estruturas construídas ao longo da idade media e moderna, edificios que arrodeaban a ponte, calzadas, a torre de entrada á cidade, malecóns, etc.
A – Límite do Burgo medieval s. XII
B – Traza da muralla s. XII
C – Estribo sur da ponte s. XII
D – Ampliación da vila s. XIV-XV
E – Liña da muralla s. XV
F – Arco 15 da ponte
G – Malecón e estutura portuario s. XV
H – Arco 14
I – Edificación s. XVII
J – Ampliación da vila s. XVI
K – Traza da muralla s. XVI
L – Torre sobre o arco 13
M – Edificio do cárcere
N – Malecón s. XVI
O – Arco 12
P – Malecón de inicios do s. XX
Q – Arco 11
R – Malecón actual
Unha das estruturas máis interesantes foi o malecón portuario do século XV, un primeiro avance da cidade sobre o río.
Contaba cun senlleiro arco apuntado cego. Algúns pilotes de madeira (que hoxe están protexidos por tubos de plástico) servían de soporte a unha estrutura de madeira sobre a que se realizaban os labores de estiba.
Tamén fóron aparecendo restos de cerámica, sobre todo de entre os séculos XV e XVI de procedencias tan lonxanas como Sevilla, Valencia, así como moedas da época de Enrique IV ou dos Reis Católicos.
Outros muros dos que as escavacións deron noticia fóron os da seguinte ampliación do peirao, no século XVI, así coma alicerces da Porta da Ponte e o seu cárcere anexo.
Un camiño exterior construido con lousas de granito datouse entre os séculos XVII e XVIII, e chegou a nós perfectamente conservado.
Máis recentes son os alicerces da antiga praza de abastos, do século XIX, no solar que ocuparan a cadea e a torre da ponte.
En 2006 aprovietouse a escavación para facer partícipe a veciñas e veciños dos valores da historia e a arqueoloxía, adaptando por medio de andamios o espazo escavado para explicar este interesante quilómetro cero de Pontevedra.