Pontevedra viviu bastantes anos de costas ao río, pero hoxe a recuperación de espazos e os novos usos da cidade van rescatando da memoria ese antigo espírito marítimo-fluvial da cidade.
Pontevedra fíxose moi coñecida pola súa profunda transformación urbana, pero a revolución dos espazos urbanos máis en contacto coa natureza non quedou atrás.
Un exemplo claro foi o Plan de Saneamento Integral do río e a ría, un chanzo fundamental para a recuperación biolóxica ca canle.