O viario da ponte remataba nunha redonda que forma parte da intersección coas rúas Xoan Manuel pintos, A Coruña e Domingo Fontán.
Ao retirar o paso de coches pola ponte, a rotonda carecía de sentido.
No seu lugar nace unha nova praza cun espazo arborado. As edificacións mantéñense na perspectiva de que un día podan ser rehabilitadas.
O proxecto inclúe propostas máis aló da ponte, como un novo arborado en toda a zona.