Luces para acompañar o camiño, luces para simbolizar a ponte como elemento de comunicación, de relación entre as persoas, luces para encher a cidade de vida, para inspirar os solpores, as noites, os abrentes, para testemuñar as ocasións de ledicia, de raiba, protesta ou reivindicación.
Luces para acompañar o noso berce, o noso camiño, o noso futuro.