Luz para as pontes
15823
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-15823,bridge-core-2.4,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-22.5,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.2.0,vc_responsive
 

Luz para as pontes

O Concello contrata a iluminación ornamental dun conxunto de pontes que conforman un recurso monumental e turístico de innegable importancia, polo que cada unha delas loce dun xeito especial.

Na ponte dos Tirantes restáurase o seu deseño de luces orixinal, igual que a pasarela da Illa. Tamén se ilumina a de Santiago e a das Correntes, para reforzar visualmente a branca estrutura dos seus arcos xemelgos.

Pola súa parte, a restauración integral da Ponte da Barca que realiza  a Xunta de Galicia tamén inclúe a súa iluminación.