Inicio O río

O río

O río que nos reflicte

O sistema lumínico ofrece grandes posibilidades de iluminación, combinacións cromáticas e de intensidade, de tal xeito que podan programarse en función do día, a estación do ano, ou calquera outro motivo.

Os símbolos xacobeos terán tamén de noite un gran protagonismo, xa que se reforzan cunha luz branca que destaca sobre o resto da iluminación nas duas caras do monumento. Así, as augas do Lérez tamén reflectirán ese conxunto de arcos, sobrearcos, tallamares, varanda e as cunchas de pedra engadidas coma medallóns nos anos 50 do pasado século.