Os roteiros sobre a ponte do Burgo seducen á cidadanía
16443
post-template-default,single,single-post,postid-16443,single-format-standard,bridge-core-2.4,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-22.5,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.2.0,vc_responsive
A ponte do Burgo

Os roteiros sobre a ponte do Burgo seducen á cidadanía

A cidadanía pontevedresa respondeu á invitación do Concello para coñecer en profundidade a un dos nosos emblemas, a ponte do Burgo.
Con motivo da súa recente inauguración, leváronse a cabo tres roteiros destinados a pequenos e maiores nos que se presentou a nova imaxe da ponte. Ao longo das tres xornadas, os participantes puideron coñecer de primeira man todos os detalles desta reforma e profundizar na súa historia.
Os nenos e nenas participaron nunha charla dinámica e amena, pasearon polas inmediacións da ponte e elaboraron un mural de grupo coa que deixaron a súa pegada no Burgo cos agasallos que recibiron.
O público adulto, a través de anécdotas, datos históricos e curiosidades, achegouse á nova ponte nuns roteiros que remataron cun petisco no Gastroespazo do Mercado municipal.