A ponte do Burgo xa loce renovada
15713
post-template-default,single,single-post,postid-15713,single-format-standard,bridge-core-2.4,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-22.5,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.2.0,vc_responsive

A ponte do Burgo xa loce renovada

A ponte medieval do barrio do Burgo estreou  a súa nova imaxe. No acto inaugural, os alí presentes puideron contemplar por primeira vez a iluminación dos once arcos de medio punto baixo o perfecto acompañamento musical do cuarteto de corda da Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra.

Na súa intervención, o alcade de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, destacou a importancia da peonalización da ponte para a cidade así como a nova iluminación coa que se mesturan tradición e modernidade para darlle a este emblema unha imaxe renovada.

Recordou que a obra rinde tributo á ciudadanía pontevedresa ao tratarse da ponte primixenia, orixe do nombre da capital e destacou a importancia deste fito que recupera o perfil orixinal da ponte do Burgo, unha ponte que se adapta ao modelo urbano e sostible que se desenvolve na cidade.

O goberno local destacou tamén a importancia da nova iluminación que conta cunha tecnoloxía renovada elaborada pola empresa pontevedresa Setga tanto para os arcos como para a parte superior da ponte nas varandas e nos puntos de luz.

As verbas do alcalde deron paso ao acendido do alumeado monumetal da ponte e, a continuación, levouse a cabo o alumeado ornamental coa presenza das institucións e dos pontevedreses e pontevedresas que seguiron, respetando as medidas de seguridade, a inauguración sen perder detalle.

Para os vindeiros días 12, 19 e 26 de agosto están programados unha serie de roteiros deseñados para adultos que terán lugar entre as 21h e as 22:30h e que rematarán cun petisco no Mercado municipal. Nas mesmas datas, en horario de 19h a 20h, tamén se programan roteiros infantís, para rapaces e rapazas a partires de 5 anos.