Inicio Turoqua

Turoqua

Turoqua sería unha mansio ubicada perto da vía XIX. Serviría para a vixiancia, mantemento e dar acougo a transeúntes.

Mentres durou o imperio romano, mantívose a infraestrutura de comunicacións uns cantos séculos máis. Despois, aquela vella Turoqua foi esmorecendo, como tamén o comercio, a seguridade, os coñecementos técnolóxicos, etc. Deixou de ter sentido e a xente optou por vivir nos poboados darredor, onde era máis doado cultivar e subsistir.

A cidade desaparece, estímase que durante máis de 6 séculos.

Ata o século XII non volvería a rexurdir o comercio terrestre e marítimo.

Con él renace o núcleo urbano no que hoxe vivimos nós.

Así podía ter sido a Mansio Turoqua hai 2.000 anos, un pequeno centro loxístico na parte central da depresión meridiana. Posiblemente existía unha ponte de menor tamaño, uns 3,5 por baixo da actual. Ninguén puido asegurar de momento se ocupaba o mesmo lugar que a actual Ponte do Burgo, pero supoñen que podería estar lixeiramente augas abaixo.

Os miliarios atopados no eixo norte sur axúdannos a imaxinar a estrutura viaria destes lugares hai uns 1.800 anos:

  • Hadriano en Salcedo (134)
  • Maximino e Máximo en Tomeza (ano 238)
  • Caracalla (214) en Alba
  • Magencio (350) en Cerponzóns
  • Hadriano, Maximino II e Nerva na Ponte do Burgo

Turoqua 01
A altitude á que se atopou soterrado o miliario de Hadriano nas escavacións de 1988 (3,5 m baixo o nivel actual) indica que no século II a paisaxe debía ser algo distinta, e o nivel da terra firme próxima ao río debía ser bastante inferior.

A época romana

A Pontevedra romana nace acarón da Vía XIX, que unía Lucus Augusta con Bracara Augusta. Así o demostra o miliario de Adriano (ano 134) atopado na primeira escavación da cabeza sur da Ponte do Burgo, que marca unha distancia de 96 millas ata Lugo.

Arqueólogos e historiadores contan que debeu ser UN IMPORTANTE FOCO COMERCIAL debido aos materiais importados que se atoparon nalgúns castros da comarca (Mourente, S. Cibrán, Salcedo, Campañó, Verducido, Lérez, Maúnzos).

As relacións visuais entre os castros da contorna e Turoqua. En rosa, o suposto trazado da Vía XIX

Turoqua 03
Pontevedra, villa amurallada. Juega Puig, De la Peña Santos, Sotelo Resurrección, 1995

A vía XIX

Ao chegaren ao noroeste peninsular, os romanos utilizan vellos camiños preexistentes ou naturais, como a famosa depresión meridiana, que percorre o sur do país tocando os vértices interiores das Rías Baixas.

Desde Bracara Augusta dirixíase ata Lucus Augusta e de ahí a Asturica Augusta. Braga, Lugo e Astorga. As tres capitais do noroeste romano. En total 299 millas, case 500 km.

Segundo parece, a vía chega á actual Pontevedra acompañando o río Tomeza ou dos Gafos, que deixa para continuar polo Gorgullón, Peregrina, Soportais, e chega á ponte por Real, seguindo cara ao norte pola Santiña, Alba e Cerponzóns.