O camiño
15922
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-15922,bridge-core-2.4,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-22.5,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.2.0,vc_responsive
 

O camiño

Na época da fundación de Pontevedra por Fernando II de Galiza, Asturias e León, (1169) remata a construción da catedral de Santiago. O Pórtico da Gloria é de 1174. Este país recibe milleiros de peregrinos.

No século XIX, máis do 80% dos peregrinos estranxeiros atendidos no Hospital Real compostelano son de alén do Miño.

Moitos son os persoeiros de calquera país do mundo que parten de algún lugar de Portugal para chegar a Santiago a través de Pontevedra e a famosa depresión meridiana, auténtica vía natural para percorrer de sur a norte o oeste galego.

Foi sonada a peregrinación da Raíña Santa, Isabel de Portugal, no século XIV, concretamente en 1325. Posteriormente en 1502 facía o mesmo o rei Manuel I desde Lisboa, provocando esa tendencia de peregrinaxe popular de milleiros de persoas de alén do río Miño, que continúa no día de hoxe.