O Baldi
15989
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-15989,bridge-core-2.4,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-22.5,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.2.0,vc_responsive
 

O Baldi

Este arquitecto e pintor barroco italiano (1630-1686) formaba parte da comitiva de Cosme III.

 

Baldi realizou un traballo casi fotográfico sobre a xeografía urbana de varias cidades europeas. Plasma a realidade que ve cunha extraordinaria minuciosidade pese a ter poucas horas para realizar os seus debuxos.

 

É un interesante estudio, ás veces testemuño de maior valor que o propio texto do cronista Magalotti.

 

Son vistas panorámicas apaisadas, manieristas e sempre tomadas dende un outeiro. Todas as acuarelas son dunha soa cor: sepia con matices graduados, se ben aquí presentámola tamén como un mural coloreado.

 

De regreso ao seu estudio en Florencia, Baldi rematou e compuxo os dibujos realizados, que son os que podemos atopar nos dous magnificos volumenes de 0,93 de alto por 0,59 de ancho como unha das xoias da Biblioteca Laurenciana da capital do renacemento italiano.

A viaxe de Cosme

 

Antes de ser Gran Duque da Toscana, Cosme III de Medicis visitou a península Ibérica para coñecer mundo e prepararse para ser un bo gobernante. Esa viaxe foi en 1669.

 

Entraron en Galiza por Tui o 1 de marzo, para visitar Redondela, Pontevedra, Caldas, Santiago e A Coruña, onde embarcan para Inglaterra.

 

Na comitiva viñan o debuxante Pier María Baldi, o cronista e conde Carlo Lorenzo Magalotti, o médico personal do príncipe, Giovanni Battista Gornia, e o marqués Filippo Corsini.

 

Comparado co esplendor florentino, parece que as cidades peninsulares parecéronlle bastante pobres.

 

Con todo, Galiza leva os maiores eloxios, especialmente dirixidos aos nosos viños e xantares.

 

Corsini describe Pontevedra no seu diario rodeada dunha gran muralla e con 500 casas, e fala dos seus habitantes como máis cultos que os do resto de Galiza.

A cidade a mediados do século XV

 

Baldi tomou a acuarela dende un alto próximo ao Burgo. Pormenoriza os treitos do trazado viario cara á urbe cuns detalles case analíticos.

 

Despois do camiño de Santiago, destaca o casteliño a modo de arco triunfal, que formaba parte da ponte.

 

Son duas torres cilíndricas, lisas e cun remate de media laranxa, unidas por bóveda de medio canón.

 

Recréase en pormenores como o pésimo estado do abovedamento da entrada fortificada: no chan e procedente do remate da bóveda podemos ver un escudo de España coas armas de Galiza e Portugal.

 

O minucioso percorrido que fai pola cerca, singulariza a robustez dos dous torreóns defensivos das portas. Mostra unha muralla bastante desmantelada, sen ameas, con abundantes carencias defensivas.

 

Destacan do outro lado da ponte o cárcere e no núcleo úrbano. Un sector oriental cunha zona máis despexada no tocante á densidade de poboación e rexido polas monumentais proporcións do convento de San Francisco.

 

Na parte occidental, unha bulideira concentración de vivendas e algunha residencia nobiliaria. Destacan sobre todas elas, a Basílica de Santa María a Maior, ainda que dende esta perspectiva deixa oculta a súa maxestuosa fachada, igual que ocorre co barrio marineiro da Moureira, apenas visible.