Inicio Moito máis que a ponte

Moito máis que a ponte

Moito máis que a ponte

O proxecto de acondicionamento da ponte é dos arquitectos Javier A. Franco Rabuñal e Vicente Pintos, e o da iluminación dos enxeñeiros Quicler y López.

Definiron un ámbito que abrangue a contorna da ponte e os espazos situados nos seus extremos, como parte do Camiño Portugués.

A superficie delimitada inclúe un área de 6.503,96 m2.

Esta transformación busca incrementar o valor da ponte do Burgo como elemento urbanístico relevancia na cidade.

A estratexia de peonalización leva aparellada a posibilidade doutros usos compatibles co estritamente peonil e permitirá, mediante a instalación de elementos efémeros, a organización de diversos tipos de eventos lúdicos e que supoñan un polo de atracción tanto para as persoas que peregrinan como para a veciñanza.

A recuperación non só servirá para reforzar o lugar no que os peregrinos abandonan a cidade de camiño a Santiago, senón para crear un novo espazo lineal que funcione coas múltiples actividades que a veciñanza realiza ao marxe da circulación de automóbiles a motor (paseo, miradoiro sobre o río, actividades depostivas, eventos culturais, concertos, etc)

Propónse unha manobra lumínica de certa relevancia, nun doble sentido:

Por unha parte, unha iluminación superficial encaixada no propio pavimento formada por unha gran cantidade de puntos de luz de baixo consumo que constitúan un elemento de sinalización pero tamén de contemplación.

Doutra banda resulta imprescindible unha iluminación na base dos arcos da ponte e unha iluminación mediante proxectores individuais a nivel dos tallamares que realce a traza dos arcos da ponte, a súa estrutura e forma.

O conxunto complétase coa substitución da iluminación xeral existente por outra de menor densidade lumínica e enfocada a unha acción máis homoxénea sobre a superficie peonil da ponte. Será realizada de xeito rasante horizontal desde as novas varandas, e integrada nas mesmas.