Inicio Luz para as pontes

Luz para as pontes

Máis luz para as pontes

A Ponte do Burgo, unha vez que rematen as obras da súa restauración, locirá dentro do conxunto urbano que formarán todas as pontes coa cadansúa propia luz.

O Concello contratou recentemente a iluminación ornamental dun conxunto de pontes que conforman un recurso monumental e turístico de innegable importancia, polo que cada unha delas locirá dun xeito especial.

A dos Tirantes restaurando o seu deseño de luces orixinal, igual que a pasarela da Illa. Tamén se iluminarán a de Santiago e a das Correntes, para reforzar visualmente a branca estrutura dos seus arcos xemelgos.

Pola súa parte, a restauración integral da Ponte da Barca que realizará próximamente a Xunta de Galicia tamén incluirá a súa iluminación.