Inicio As últimas achegas

As últimas achegas

As últimas achegas

Nos anos
80 a cidade
entrégase
aos coches.

Da man dese desenvolvemento desmesurado, a ponte foi obxecto de discutidas intervencións que hoxe semellan auténticos atentados.

O encontro da propia ponte coa avenida de Bos Aires resólvese inicialmente cunha redona (desaparecida hai poucos anos), que deixou á vista únicamente os 10 arcos que podemos ver na actualidade.

O arco número 11 atópase baixo as plataformas de formigón construidas nesa época, que se prolonga cara á avenida apoiadas en columnas.

Pese á construción de novas pontes como a de Santiago e á dos Tirantes, ao desenvolvemento da avenida de Compostela, a Ponte do Burgo seguiu coa súa función de tráfico motorizado entre o barrio do Burgo e o centro urbano, algo que fixeron posible as reformas dos anos 1954 e 1988.

Estreitando o río

A ampliación do eixo litoral urbano, composto polas avenida de Bos Aires, Uruguai e Corbaceiras, provoca un novo recheo sobre as augas que acariñaban as vellas Moureiras.

O estreitamento do último treito do río Lérez antes de chegar á ría foi pronunciado aínda máis pola decisión de trazar a autoestrada do Atlántico polo litoral.

Ademáis do recheo afastaron a cidade da súa saída visual cara ao mar.

Hoxe, ese miradoiro sobre a ría que imaxinara Sesmeros na Alameda, choca con duas controversias urbanas: a ponte da ría e, á súa esquerda, a fábrica de celulosa que invade o litoral de Lourizán.