Inicio A vela ponte

A vela ponte

Houbo unha ponte romana? Os historiadores concordan en que si. O feito de que fose un punto de paso da vía romana XIX e da existencia do poboamento de Turoqua, fai crer inevitable a existencia dunha ponte que atravesase o Lérez.

Os expertos cren que baixo o leito do río, aínda que non se afirma que estea exactamente no mesmo lugar ca o presente. A aparición dun miliario nas escavacións de 1988 permitíu aproximar o nivel do pavimento da época romana, máis baixo ca o actual, ao que estaría a ponte na súa orixe.

Crése que a actual ponte non é unha evolución senón unha distinsta daquela, que desapareceu, ao igual que a cidade, de rexistros documentais ata o século XII.

A antiga ponte romana erguíase a un nivel estratigráfico máis baixo (o miliario de Hadriano atopouse 3,5 m máis abaixo). Parece que sería máis curta que a nova, construída no século XII.

A historiografía fala dunha vella ponte que nos deixou como herdanza un nome milenario, con alicerces que agocha o leito lamacento do Lérez.

Pouco ou nada se coñece sobre a antiga ponte romana. Ninguén puido establecer con exactitude a súa ubicación, dimensión e configuración.

O achado do miliario e o camiño medieval da Santiña indican que podería estar augas abaixo do actual.

Mais a lóxica apunta na outra dirección: os restos da vetula ponte dificultarían a operatividade do peirao anexo, e a actual praza de García de la Riega semella unha entrada á cidade.

A vela ponte 05

A vela ponte 02
Pontevedra, villa amurallada. Juega Puig, De la Peña Santos, Sotelo Resurrección, 1995

Achádegos de orixe romana

Os restos romanos que se acharon perto da ponte son moi poucos. Apenas algúns alicerces de edificacións na praza do Peirao e no que hoxe é a rúa Michelena, un seliño de ouro na praza de Méndez Núñez, e os miliarios.

Pontevedra, villa amurallada. Juega Puig, De la Peña Santos, Sotelo Resurrección, 1995