Inicio A nova mobilidade

A nova mobilidade

Moita xente lembra a Ponte do Burgo como única entrada na cidade desde o norte.

A construción da ponte de Santiago, a ampliación da avenidas de Compostela e Bos Aires, en menor medida a ponte dos Tirantes, e sobre todo a ponte das Correntes fixeron que O Burgo fose perdendo importancia relativa no sistema urbano de mobilidade a motor.

A respeito do automóbil, Pontevedra caracterízase por potenciar os tráficos de destino (garaxes, servizos, etc.) en detrimento dos de paso e os de axitación.

Dous potentes estacionamentos ubicados moi perto do Burgo disuaden xa desde hai anos a centos de persoas de entrar co seu coche na cidade.

Ademáis, as Pontes da Palabra e As Correntes permitiron mitigar a densidade de coches de paso sobre a nosa histórica ponte.

A ponte incorpórase con todos os honores á nova mobilidade de base peonil, recuperando o espírito dos antigos peregrinos, e ofrecéndose aos novos como un inmellorable xeito de despedirse de Pontevedra.

A cidade que ama ao río

Pontevedra viviu bastantes anos de costas ao río, pero hoxe a recuperación de espazos e os novos usos da cidade van rescatando da memoria ese antigo espírito marítimo-fluvial da cidade.

Nos últimos anos a cidade fíxose moi coñecida pola súa profunda transformación urbana, pero a revolución dos espazos urbanos máis en contacto coa natureza non quedou atrás.

Un exemplo claro foi o Plan de Saneamento Integral do río e a ría, un chanzo fundamental para a recuperación biolóxica da canle.