Inicio A fundación

A fundación

Despois de varios séculos de abandono, a cidade fúndase no século XII grazas ao desenvolvemento do comercio marítimo e terrestre.

Camiños e infraestruturas volven cobrar valor grazas ao auxe urbano daquel tempo. É probable que aínda existisen os restos da vella ponte romana.

O promontorio de Santa María servía de vixía para o control da ría e a ponte. Será en principio unha cidade fortaleza no contexto das loitas entre os reis do norte e o sur. Semella que os portugueses pretendían expandirse ata o Lérez.

En 1165 Fernando II e Alfonso I de Portugal asinan a Paz do Lérez sobre a vella ponte, se ben ao ano seguinte o portugués toma o castelo de Cedofeita, na actual parroquia de Lérez, que retén ata 1169, momento en que é recuperado por Fernando II.

En 1163 Fernando II dona ao mosteiro de Poio a metade da igrexa de Santa María. É o primeiro documento escrito que nos sitúa na historia.

Pouco despois, en 1169, o mesmo rei de León e Galiza concede o Foro de Pontevedra, tal como recolle o documento de confirmación asinado por Alfonso X en 1264.

A fundacion 01

A fundacion 02

Que di o Foro?

O Foro non é un acta fundacional dunha cidade que non existía xanterioridade, senón o recoñecemento explícito da súa condición urbana.

NO NOME DO NOSO SEÑOR XESÚS CRISTO, AMÉN. OS FEITOS QUE POR ESCRITO NON SE POÑEN, FÁCILMENTE DA MEMORIA FOXEN. POR ISO EU, DON FERNANDO, PLA GRAZA DE DEUS REI DAS HESPAÑAS, XUNTAMENTE COA MIÑA ESPOSA DONA URRACA, POR ESTE ESCRITO FIRMÍSIMO QUE TERÁ VALOR A PERPETUIDADE, LIBERO E ABSOLVO A TODOS OS HABITANTES DE PONTEVEDRA, TANTO PRESENTES COMO FUTUROS, DE LOITOSA E DE GOIOSA E DE FOSADEIRA E DE PEDIDAILLA E DE ANAL E DE MOEDA, E DE NAVÍO DE PONTEVEDRA SE NAUFRAGASE EN TERRA DO REI DON FERNANDO TRES CUARTAS PARA OS SEÑORES DO NAVÍO E A OUTRA PARA O REI, E SE HOUBESE FERIDAS ENTRE HOMES E SE PUXESE EN MANS DO FIGARIO A CALOÑA, DA MULTA QUE SAÍSE A METADE PARA O VIGARIO E A OUTRA METADE PARA QUEN DENUNCIASE A CALOÑA, E QUE A NINGUÉN RESPONDAN SENÓN A AQUEL EN MANS DE QUEN FOSE POSTA A CALOÑA QUE ELES FIXERON; E ISTO TODO FAGO PARA REMEDIO DA MIÑA ALMA E A DOS MEUS PAIS. SE ALGUÉN TANTO DA MIÑA LINAXE COMO DA ALLEA TENTASE INFRINXIR ESTE MEU ACTO VOLUNTARIO, INCORRA NA IRA DE DEUS OMNIPOTENTE E NA REXIA INDIGNACIÓN E CON XUDAS TRAIDOR DO SEÑOR SEXA CONDENADO NO INFERNO E POLA SÚA TEMERARIA OUSADÍA PAGUE CEN LIBRAS DE OURO Á PARTE REXIA E CANTO VOS AGRAVIASE A VÓS OU Á VOSA VOZ O DEVOLVA CUADRIPLICADO, E ESTE ESCRITO SEMPRE PERMANEZA FIRME. FEITA ESTA CARTA EN CIUDAD RODRIGO NO MES DE DECEMBRO, ERA 1207 [ANO 1169] REINANDO O ILUSTRÍSIMO REI DON FERNANDO EN LEÓN, ESTREMADURA, GALIZA E ASTURIAS. NO ANO EN QUE O FAMOSÍSIMO REI DON FERNANDO CAPTUROU VICTORIOSÍSIMAMENTE O REI DOS PORTUGUESES EN BADAXOZ. EU, DON FERNANDO, POLA GRAZA DE DEUS REI DAS HESPAÑAS, CONFIRMO ESTE ESCRITO QUE MANDEI FACER NO SEU PROPIO VIGOR.